jueves, 30 de diciembre de 2010

FELIZ 2011 ... MOITOS SONOS PARA REALIZAR E MOITA MÚSICA

Que nunca vos falte un soño por cumplir, un proxecto que realizar e alguen con quen compartilo!

miércoles, 8 de diciembre de 2010

IMOS CANTA-LOS NADAIS

Col Tartaruga,13.Ed. Galaxia. Vigo 1987 ISBN 84-7154-594-2
As noitiñas de Nadal é un romance que se cantaba o día de noiteboa. Aparece recollido en moitas versións nos cancioneiros galegos, portugueses e casteláns.
Os pastores en Belén

piden licencia pra* entrar; (para)

tamén nosoutros* pedimos (nós)

licencia pra* aquí cantar. (para)

Abran a porta, señores

que de moi lonxe viñemos

sabe Deus se nesta porta

outro ano cantaremos.

Señores que viven

dentro deste casa

escoiten a historia

desta noite santa.

As noitiñas de Nadal,

noites de grande alegría,

camiñando vai Xosé

e maila Virxe María.

Camiñaban pra* Belén. (para)

a Belén levan a guía;

tanto andaban pola noite

como andaban polo día.

E ao chegaren a Belén

toda a sente durmía;

as portas taban* zarradas*, (estaban, pechadas)

o porteiro non abría.


- Abre as portas, porteiro,

a Xosé e mais María.

-Estas portas non se abren

ata que non abra o día.


Foron para unha cabana

pois pousada non había

e nun pesebre de pasa

pariu a Virxe María.


Trouxo un neno tan fermoso

que ó mundo resplandecía;

tanta era a súa pobreza

que nin un pano ela tiña.


Botou as mans á cabeza

a unha cofia que traía;

fixo dela tres pedazos,

donde* ao seu Neno envolvía. (onde)

(...)







sábado, 4 de diciembre de 2010

ABECEDARIO MÚSICA





























Abecedario con motivos musicais para construir palabras e/ou decorar.

Podes atopalo completo no seguinte enderezo:

martes, 30 de noviembre de 2010

BAILANDO PARA QUITAR O FRÍO

PANEL DECORATIVO AMBIENTADO NO NADAL E NO INVERNO A TRAVÉS DUNS DIVERTIDOS PINGÜÍNS QUE NOS PRESENTAN DISTINTOS BAILES DO MUNDO. HAI MOITOS MÁIS PERO ESTES SERÁN OS QUE COÑECEREMOS AO LONGO DESTE NOVO ANO QUE ESTÁ A PIQUES DE COMEZAR. Algúns detalles do panel:





















































































BO NADAL

Manualidade en forma de coroa para dar a benvida ao Nadal

sábado, 27 de noviembre de 2010

LA BRUJITA TAPITA

Curso en Santiago de Compostela, días 27 e 28 de Novembro

viernes, 26 de noviembre de 2010

Á VOLTA AO MUNDO A TRAVÉS DAS PANXOLIÑAS

Glitter Photos


Relación de panxoliñas de diferentes partes do mundo:


  • HUACHI TORITO (Arxentina)
  • CHOLITO TOCA Y RETOCA (Perú)
  • HUYANO NAVIDEÑO (Perú)
  • THE FIRST NOEL (Inglaterra)
  • JINGLE BELS (Inglaterra)
  • PETIT PAPA NOEL (Francia)
  • MI BURRITO SABANERO (Colombia ? Venezuela?)
  • TUTAINA (Colombia)
  • VELO BONITO (Colombia)
  • DALE, DALE, DALE, NO PIERDAS EL TINO (México)
  • QUE LINDA, LINDA (Venezuela)
  • NIÑO LINDO (Venezuela)
  • KUMBAYÁ (África- América)
  • NAVIDAD DE FLOR DE COCO (Paraguay)
  • DING, DANG, DONG (Ucrania)
  • VILLANCICO YAUCANO (Puerto Rico)
  • NO SÉ NIÑO HERMOSO (Ecuador)
  • SON CHAPIN (Guatemala)
  • CARNAVALITO DE NOCHEBUENA (Bolivia)
  • FAROLES DE PASCUA (Filipinas)
  • NOCHEBUENA PANAMEÑA (Panamá)
  • BOAS FESTAS (Brasil)
  • CUANDO LLEGUE AL BOHIO (Cuba)
  • ARRU, ARRURRÚ (Honduras)


Glitter Photos


[Glitterfy.com - *Glitter Photos*]

martes, 23 de noviembre de 2010

134 Aniversario do nacemento de Manuel de Falla


Google lémbranos a este compositor tan importante dentro da historia de música española.

domingo, 14 de noviembre de 2010

A ÁRBORE DE NADAL








Presentación baseada na canción de Mamá Cabra " A Árbore de Nadal". Se o descargas, verás que todas as imaxes teñen movemento. Se tedes algún problema coa descarga, enviademe un correo
Buscando Papa Noel
Esta canción tamén é moi axeitada para dramatizar. Aquí podedes ver algunha das caretas:

A MARIOLA RÍTMICA



Xogo rítmico que consiste en tirar un dado e avanzar as posicións que marque facendo os ritmos que hai en cada unha delas. Hai varias "casiñas" que nos obrigan a retroceder ao principio.
As fichas son tapas de diferentes botellas grandes e as "casiñas" están feitas en papel e plastificadas. Xogo de parellas ou individual.

As fichas están recollidas da páxina de Susan Paradis

sábado, 6 de noviembre de 2010

ARRIBA DO CEO

CANCIÓN DE BERCE QUE AO MESMO TEMPO É UNHA CANCIÓN DE NADAL ... E QUE TAMÉN NOS FAI REFLEXIONAR SOBRE A VIDA.

OLENTZERO



Olentzero é unha figura moi coñecida para os nenos/as do País Vasco, xa que unha vez ao ano, baixa da montaña, para traerlle regalos aos pequenos da casa.

A súa figura está ligada a cántigos para animar aos nenos/as a ir para cama cedo a noite de Olentzero ven.










Olentzero joan zaigu Olentzero xa marchou
mendira lanera ao monte a traballar
intentzioarekin coa intención
ikatz egitera. de facer carbón.
Aditu duenean Cando oiu
Jesus jaio dela que o neno Xesús nacera
lasterka etorri da veu correndo
berri ona ematera. a dar a noticia.
Horra! Horra! Velaí ven, velaí ven
Gure Olentzero! o noso Olentzero
(...) (...)

CHEGA O APALPADOR







O Apalpador é unha figura que se está recuperando como parte da tradición galega.
A imaxes foron deseñadas por Leandro Lamas. Aproveito a ocación para invitarvos a que coñezades a súa obra, eu teño varias pinturas del.
Conta a tradición que a noite do 31 de Decembro, o apalpador baixabas das montañas para apalpar a barriga dos máis pequechos e así sabía se pasaran fama ese ano, deixándolle ao seu paso castañas e algún que outro regalo.
Consérvase algún canto relacionado con esta figura.
Hoxe é día do Nadal
día do Noso Señor
ide logo para camiña
que vai vir o Apalpador.
Hoxe é día do Nadal
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.

SAMAÍN

-------------------

crea tu firma animada

Imaxe extraída de http://principemusical.blogspot.com/

miércoles, 27 de octubre de 2010

Os mouchos musicais


http://www.elbuhoboo.com/juegos-infantiles/juegos-infantiles-musica/juegos-infantiles.php

Un recurso que atopei en internet. Se fas clic nos mouchos escoitarás distintos ritmos e poderás facer moitas combinacions diferentes.

martes, 26 de octubre de 2010

Musicoterapia

Unha pequena presentación que elaborei sobre o concepto de musicoterapia e os seus beneficios para os diferentes grupos de idade. Ao final aparece un link para un video de youtube moi interesante sobre o que é a musicoterapia.

miércoles, 13 de octubre de 2010

Canción para o Samaín (primeira versión)

Canción para o Samaín (segunda versión)

Coñecida canción que lle gusta moito aos nenos/as.

Dúas recomendacións

Aquí vos deixo dúas recomendacións ben diferentes pero igualmente apetecibles. Correspóndense coas dúas últimas adquisicións que fixen.


1. DICCIONARIO POR IMÁGENES DE LA MÚSICA






Este dicionario, destinado aos pequenos, está dividido en catro apartados: 1 Xogar cos sons 2. Ler a música. 3. Os instrumentos musicais e 4 Compositores célebres. Moi completo e axeitado tanto como material de apoio na aula ou para facer un presente musical.

Está editado por Panini S.A









2.SWING CAFÉ



Un libro de coidada presentación, como xa nos ten acostumados a editorial Kókinos, que aborda a través dun conto musical a historia do jazz. O conto comeza coa presentación de Zazú, unha cigarra brasileira á que lle gusta cantar e que emprenderá unha viaxe cara América do Norte, onde terá a posibilidade de coñocer de preto o jazz. O conto musical é de Carl Norac, está ilustrado por Rébecca Dautremer e nattrado pola susurrante voz de Clarice Cardell. Totalmente IMPRESCINDIBLE.

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...