jueves, 30 de diciembre de 2010

FELIZ 2011 ... MOITOS SONOS PARA REALIZAR E MOITA MÚSICA

Que nunca vos falte un soño por cumplir, un proxecto que realizar e alguen con quen compartilo!

miércoles, 8 de diciembre de 2010

IMOS CANTA-LOS NADAIS

Col Tartaruga,13.Ed. Galaxia. Vigo 1987 ISBN 84-7154-594-2
As noitiñas de Nadal é un romance que se cantaba o día de noiteboa. Aparece recollido en moitas versións nos cancioneiros galegos, portugueses e casteláns.
Os pastores en Belén

piden licencia pra* entrar; (para)

tamén nosoutros* pedimos (nós)

licencia pra* aquí cantar. (para)

Abran a porta, señores

que de moi lonxe viñemos

sabe Deus se nesta porta

outro ano cantaremos.

Señores que viven

dentro deste casa

escoiten a historia

desta noite santa.

As noitiñas de Nadal,

noites de grande alegría,

camiñando vai Xosé

e maila Virxe María.

Camiñaban pra* Belén. (para)

a Belén levan a guía;

tanto andaban pola noite

como andaban polo día.

E ao chegaren a Belén

toda a sente durmía;

as portas taban* zarradas*, (estaban, pechadas)

o porteiro non abría.


- Abre as portas, porteiro,

a Xosé e mais María.

-Estas portas non se abren

ata que non abra o día.


Foron para unha cabana

pois pousada non había

e nun pesebre de pasa

pariu a Virxe María.


Trouxo un neno tan fermoso

que ó mundo resplandecía;

tanta era a súa pobreza

que nin un pano ela tiña.


Botou as mans á cabeza

a unha cofia que traía;

fixo dela tres pedazos,

donde* ao seu Neno envolvía. (onde)

(...)







sábado, 4 de diciembre de 2010

ABECEDARIO MÚSICA





























Abecedario con motivos musicais para construir palabras e/ou decorar.

Podes atopalo completo no seguinte enderezo:

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...