martes, 21 de septiembre de 2010

Chas chas /Cha- cha


Instrumento musical da zona dos Andes. Pódese atopar no norte de Arxentina, Bolivia, Perú e Ecuador (de onde trouxen este).

Está formado por un conxunto de pezuñas de cabra que se atan cun fío ancho. Pódese colocar nos tornocelos para acompañar danzas marcando o pulso ou nos brazos. Ademais pódese agarrar coa man e batilo rápido producindo un son forte pero agradable, similar ao son da agua.

martes, 14 de septiembre de 2010


Mural coas notas da escala musical de Do M e as posicións da frauta doce. Cada nota represéntase cunha cor.


Añadir imagenPanel decorativo de mazás e vermes que representan as principais figuras musicais e silencios. As mazás están feitas en cartulina de diferentes texturas e os vermes en goma eva.
Unha divertida forma de presentar a linguaxe musical aos máis pequenos/as.



A escala musical con fononimia de Kodaly


Panel decorativo da escala musical. Cada nota musical se corresponde cun andar da escaleira e cun neno (cada un é dunha raza/etnia distinta) que representa a fononimia de Kodaly. Atréveste a imitalos?

jueves, 9 de septiembre de 2010

Sanza o kalimba



Instrumento de orixe africana que ten diferentes nomes: sanza, kalimba, malimba, mbira...


Está formado por a metade dunha cabaza sobre a que se colocan láminas de diferentes tamaños que ao ser pulsadas emiten un son suave e envolvente.

Este chegou de Marrocos.

Pao de chuvia


O Pao de chuvia é un instrumento de percusión formado por un tubo longo e oco (normalmente bambú) que no seu interior ten clavados pequenos paos de bambú e pedras ou sementes que, ao mover o instrumento para os lados, se desprazan dando un son similar á chuvia. O seu orixe é americano, posiblemente da zona dos Andes. Este que presento é da miña colección e veu de Ecuador.

Dominó instrumentos




Xogo de dominó atopado no seguinte enlace(en inglés): http://www.dltk-cards.com/ As imaxes para as fichas pódense imprimir en cor ou en branco e negro.

Recomendacións: pegar as imaxes en cartulina e plastificar para que sexan mais resistentes. O xogo ten un total de 21 fichas e está destinado a grupos pequenos.

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...