viernes, 2 de diciembre de 2011

XOGO NOTAS MUSICAIS EN INGLÉS







Xogo online para aprender as notas musicais en Inglés




Preme no seguinte enlace e irás á páxina onde se atopa o xogo




miércoles, 30 de noviembre de 2011

XOGO MUSICAL: XOGO COAS NOTAS






PREPARACIÓN: Imprimir cada cartón individual, recordar pola zona da liña continua e dobrar pola zona da liña discontinua.



ACTIVIDADE 1:
Xogo por parellas onde os nenos/as entre eles xogan a adiviñar as notas. A corrección está polo outro lado así que resulta moi fácil facer a actividade entre eles.




FONTE DO RECURSO: http://linkwaregraphics.com/music/flashcards/notes2/

XOGANDO COAS NOTAS MUSICAIS







Xogo de cartas coas notas musicais.

ACTIVIDADE 1: MEMORIA
Colocar as cartas boca abaixo e facer parellas de notas (Do - do; re - re...). Modalidade: Individual ou en pequeno grupo

ACTIVIDADE 2: BUSCA A TÚA PARELLA
Repártanse as cartas entre os nenos/as, soa unha música e cando paren cada un ten que buscar a súa parella ou grupo, que estará formado por todas as persoas que teñan a mesma nota.

ACTIVIDADE 3: PENTATÓNICA
Variante do anterior, pero agora os grupo faranse polas notas que son da pentatónica e as que non ....

ACTIVIDADE 4: ESCALA
Colocalas como escala ascendente ou descendente

ACTIVIDADE 5: QUEN FALTA?
Ensinar as cartas e despois eliminar unha. O alumando ten que adiviñar cal é a que falta.
Pódese aumentar a dificultade eliminando dúas cartas.

FONTE DO RECURSO: http://www.susanparadis.com/catalog.php?ID=SP814

domingo, 27 de noviembre de 2011

NOVIDADES: Xa me tardan este Magos


Libro + CD con canción temáticas do NADAL

lunes, 21 de noviembre de 2011

SONS LONGOS E CURTOS



Como soan os sons que nos rodean? Os sons pódense clasificar en LOOOOOONGOS ou CURTOS

Material imprimible para traballar sons longos e curtos


Sons Longos e Curtos PDF









Tarxetas Longo e Curto



PROPOSTAS DE ACTIVIDADES







UN VIDEO PARA REFORZAR O CONCEPTO DE LONGO - CURTO



miércoles, 9 de noviembre de 2011

LÚA ...

Unha fermosa canción sobre a Lúa ...

jueves, 6 de octubre de 2011

Canción " A RATIÑA CURIOSA"


Dramatización dunha canción a través de diversos aninais. Pódense elaborar marionetas coas seguintes imaxes e sacalos no momento que interveñen na canción.

A ratiña curiosa



O oso












O peixe



A serpe



A tartaruga






A música atópase neste CD








lunes, 3 de octubre de 2011

Ritmo

Unha PPT que che permite imprimir diferentes ritmos e constuir un xogo

Segue este enlace e accederás ao material


miércoles, 15 de junio de 2011

PORTADA PARA AS FICHAS DE MÚSICA

PORTADA EN BRANCO E NEGRO PARA DARLLE COR
Port Ada

domingo, 15 de mayo de 2011

PARA GOZAR VENDO E ESCOITANDO

Dúas recomendacións para o mes de MAIO



A primeira é un libro con data do 2008 pero que descubrín recentemente:




YO SERÉ LOS OJOS DE LA TIERRA







Unha coidada fotografía a vista de paxaro, acompaña uns textos que nos falan sobre o desenvolvemento sostibles e se complementan cunha música que nos trae linguas de África, América, Europa ... Sen dúbida unha boa eleción que maiores e pequenos gozarán con todos os sentidos.





Texto de Alain Serres

Ilustraciones de Zaü y fotografía de Altitude

Selccción musical de José Miguel López

108 páx. Edelvives 24,46€

2008


_______________________________________________________


A segunda fai unha achega ao mundo tradicional da música galega.







É un libro - CD- DVD que nos anima a aprender bailes, xogos e cancións da tradición



galego - portuguesa.

Pesdelán

Editorial Kalandraka,2010

25;00€



domingo, 8 de mayo de 2011

XOGOS DE RESPIRACIÓN: APRENDE A RESPIRAR CON BOB ESPONXA

Port Ada




Bob 2









xogo2

miércoles, 13 de abril de 2011

FESTEXANDO A PRIMAVERA







A PRIMAVERA ... TEMPO DE CORES, DE FLORES, DE OLORES ... E TAMÉN DE SONS. PANEL DECORATIVO PARA A PRIMAVERA QUE INTEGRA ALGÚNS DOS MÚSICOS MÁIS IMPORTANTES DA HISTORIA DA MÚSICA. ESTE PANEL ACOMPÁÑASE CUNHA INVESTIGACIÓN SOBRE ESTES COMPOSITRES .




Detalles do mural, os carteis dos músicos foron elaborados polos alumnos/as:




sábado, 26 de marzo de 2011

MÁIS RECURSOS PARA UN PROXECTO MUSICAL SOBRE A VIDA NOS POLOS

Segunda parte desta colección de recursos que pretenden ilustrar a vida nos polos.


Perdido e atopado




O pingüín Manuel



http://www.presencias.net/ (Partitura)






Letra:


El pingüino Manuel


su trompeta construyó


con un tubo que buscó


y soplando "pst, pst, pst".



El pingüino Manuel


sus maracas construyó


con envase que encontró


y semillas de limón.



El pingüino Manuel


instrumentos construyó


él solito los armó


y ahora suenan muy muy bien.





As cores do Oso Polar


Podedes atopar a canción no CD " Cartas que veñen e van". Pódese acompañar coa lectura do conto " El osito polar y el arco iris". Hai unha entrada anterior relacionada con conto e coa canción que presenta diferentes actividades a realizar.


Antárdida Anthem




O pingüín Marcelino

Letra:

Tengo un pingüino que se llama Macelino


que le gusta la nieve, que le gusta patinar


que se come los peces, que los saca del mar cuando sale a nadar.


Marcelino no tiene frio cuando sale a jugar


porque tiene un abrigo que le abriga cantidad


y es blanco, es negro igualito


que un frak igualito que un frak.


Marcelino es un pingüino, un pingüino de verdad


Marcelino es mi amigo, que le mola cantidad


jugar con los demás,jugar con los demás, jugar con los demás.


Cuando viene el viento fresco fresco fresco de verdad


forma una gran tortuga,junto a todos los demás


y mi amigo Marcelino suele y a pasear pegadito a su mamá.


Marcelino es un pingüino, un pingüino de verdad


Marcelino es mi amigo, que le mola cantidad jugar con los demás,


jugar con los demás, jugar con los demás.


Audio:


Onde podemos atopar na literatura referencias ao pinguín Marcelino?



Pois nun libro ben divertido de Gloria Fuertes: " Coleta, la poeta".



Bicos de esquimós

BUSCA NO LATERAL A ETIQUETA "A VIDA NOS POLOS" E VERÁS A PRIMEIRA PARTE DOS RECURSOS.

RECURSOS PARA UN PROXECTO MUSICAL SOBRE A VIDA NOS POLOS



A música permítenos viaxar e hoxe imos facer unha viaxe cara as zonas máis frías do mundo.


Estas son algunhas das cancións que se poden cantar: Nanuk, el esquimal


La foca Marisol


Outra letra: Una linda foca negra


que se llama Marisol


fue traida desde el Polo


hasta Galicia en un avión.



Su mamá que la quería


enfadada cruzó el mar


se encontró con un gran oso


muy peludo y barrigón.



Y aquí se acaba la historia


de la foca Marisol


fue traida desde el Polo


hasta Galicia en un avión.






O papá pingüín (francés)







Un esquimal perdido no deserto


Letra:



Estribillo: Badabadum badum badum badabadum Badabadum badum badum badabadum Un esquimal perdido en el desierto que cantaba canciones con su banjo y recordaba su país Allá, donde él era feliz Estribillo Yo vengo de Alaska, dubi dubi dubi dubi ua uà uà Por eso es normal, que lo pase fatal a mi tanto calor me va muy maaal! Estribillo Tenia un iglú muy pequeñito No había arañas, grillos ni mosquitos El cielo era azul, las aguas también ni pizca de polvo se podía ver Estribillo Me gusta el trineo, la foca y el oso dubi dubi dubi dubi ua ua ua y cuando pesco un pez, lo pongo en la sartén, ¡pero con un camello no va bien!


(escoita a versión en catalán, aparecen uns segundos de publicidade e despois xa se pode escoitar, lembrar para a música do lateral dereito, que soa cando abres o blogue)







BUSCA NO LATERAL A ETIQUETA "A VIDA NOS POLOS" E PODERÁS VER A SEGUNDA PARTE DESTA COLECCIÓN DE RECURSOS.

viernes, 18 de marzo de 2011

XOGO MUSICAL

XOGO MUSICAL DE TABOLEIRO EN EQUIPOS.
(elaboración propia)


As instrucións do xogo

martes, 15 de marzo de 2011

AS CORES DO OSO POLAR



É un conto musical a través do que podemos traballar as cores e os animais dos Polos.


O conto ...


A música... "As cores do Oso Polar"






O material...


Tarxetas con diferentes cores e a imaxe dun Oso Polar como a que aparece ao principio.

A actividade ...

Consiste en contar o conto e a partir del traballar as cores e /ou os animais do Polo. Temos varias opcións:
Opción 1: Repartir as tarxetas de cores entre os nenos/as (para isto será necesario facer coincidir o número de tarxetas e de nenos/as). Cantamos a canción: Vou facer unha pregunta a resposta atoparás, vou facer unha pregunta non sei se a saberás! É de cor (nomeamos unha cor) .. o osiño Polar. O neno/a que ten esa tarxeta a levanta e a ensina e de seguido vaina pegar ao lado do osiño Polar. Facemos todos un esquema rítmico para contestar: Non. non non non (negra - dúas corcheas - negra) e así con todas as cores ata chegar á branca.

Opción 2: Temos todas as tarxetas colocadas no chan ou no encerado e os nenos/as, por quendas (opción de que a colla quen a atope primeiro) collen a tarxeta que se corresponde coa cor que cantamos.

Opción 3: hai moitas máis ... iso depende de cada persoa









domingo, 13 de marzo de 2011

Unha ilusión ...



Desde onte este blogue está inscrito nos V Premio Espiral de Edublogs 2011. Sen dúbida é unha oportunidade para dar o coñecer este traballo e ao mesmo tempo coñecer moitos outros blogues.

domingo, 6 de marzo de 2011

RECOÑECE OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA POLO SEU TIMBRE

PREME NA IMAXE E ATOPARÁS UN XOGO (TIPO TEST) QUE CREI PARA O RECOÑECEMENTO AUDITIVO DALGÚNS DOS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA


ANÍMATE A XOGAR!

sábado, 5 de marzo de 2011

AGRUPA OS INSTRUMENTOS POR FAMILIAS

AS FAMILIAS DE INSTRUMENTOS SON:
  • CORDA
  • VENTO
  • PERCUSIÓN

Clica encima do instrumento que queiras e despois busca o resto que conforman esa familia




SOPA DE LETRAS INSTRUMENTOS MUSICAIS GALEGOS


miércoles, 23 de febrero de 2011

O INSTRUMENTO PROTAGONISTA DA SEMANA





É unha actividade que se realiza nos primeiros minutos (ou últimos) da sesión. Temos unha caixa con moitos instrumentos da orquestra,un neno ou nena escolle o que vai ser protagonista durante toda a semana. Temos outra caixa con características sobre todos os instrumentos (familia, cómo se toca, materiais, número de cordas, características principais). Despois pegamos todo nun panel que queda á vista de todo o mundo. Escoitamos o instrumento en diferentes gravacións, vemos a través de internet cómo se toca, buscamos nos libros que temos na clase unha pouca información e despois cubrimos a ficha " O instrumento da semana é". Esta actividade pódese facer durante todo un trimestre (no que esteamos traballando os instrumentos) ou acurtar a actividade a un mes. Outra variante e introducir na caixa instrumentos de folclore do mundo.








Algunhas das pistas para os instrumentos




Taboleiro do anuncio do "Instrumento protagonista da semana".



viernes, 18 de febrero de 2011

CUICA

Posiblemente este é un dos instrumentos que mais me costou conseguir e ao que máis aprecio lle teño.


Cuica, instrumento brasileiro de percusión traido polo escravos africanos. Orixinalmente utilizouse en África para cazar leóns. Está feito de membrana e madeira. Consta dun pequeno pao de bambú e dun pequeno pano mollado (que podedes ver na foto xusto enriba do instrumento).
Ten un son moi divertido.















Video sobre a técnica básica da cuica

GONG

O gong é un instrumento de percusión da familia do metal. Trátase dun disco metálico suspendido dun soporte que se percute cun mazo. A súa orixe é oriental.

BONGÓS DE MARROCOS

É un instrumento de percusión da familia da membrana que ven de Marrocos. Son dous pequenos tambores circulares unidos, a súa particularidade e diferencia con respecto a outro países é que a base está feita de cerámica.

miércoles, 9 de febrero de 2011

PROGRAMA LENMUS





PROGRAMA LENMUS. Pódese descargar gratuitamente en http://www.lenmus.org/ (unha vez dentro da páxina, na marxe esquerda hai que premer en DOWNLOAD). Permite facer exercicios de linguaxe musical, audición (intevalos, acordes, tipos de escalas) e tamén edición de partituras

martes, 1 de febrero de 2011

NOVIDADES MUSICAIS

ESTAS SON ALGUNHAS DAS NOVIDADES MUSICAIS DESTES MESES





























viernes, 28 de enero de 2011

PAZ CON POEMA E CANCIÓN



CANTAROLA DOS NENOS

Amiguiños todos




amiguiños xa,




os nenos de aquí,




os nenos de alá








Os nenos do mundo




todos a cantar




a unha mesma voz




collidos da man.








Cantarola nosa




de amor e de paz.




Leda cantarola,




ledo rebuldar.








Rolda de sorrisos




dende mar a mar,




corazóns abertos,




ollos de amigar.








Amiguiños todos,




amiguiños xa,




os nenos de aquí




e os nenos de alá.


A letra podédela atopar neste libro escrito por Xosé Neira Vilas e Ansinia Miranda: Cantarolas



A música está no CD de Na Virada: Rolada de cantigas


















A MÚSICA E AS EMOCIÓNS

Non fai falla dicir que a música provoca emocións, sentimentos, lembranzas e que unha mesma música pode provocar en dúas persoas, diferentes sensacións ... aí está a súa grandeza!
Esta é unha recompilación orientativa de música que poden servir para vivenciar distintas emocións


LEDICIA




  • A SINFONÍA DOS XOGUETES. Primeiro movemento. Leopold Mozart


  • SINFONÍA Nº 9 EN RE MENOR. OP 125:cuarto movemento "Oda á alegría". Beethoven


  • XÚPITER "PORTADOR DA LEDICIA". Ballet Os Planetas. Gustav Holst


  • OH HAPPY DAY. Edwin Hawkins


  • ALEGRÍA. Antonia Font


  • WHEN YOU SMILE.

TRITEZA



  • LAMENTO DE ARIANNA Monteverdi

  • LACRIMOSA do Requiem en Re menor.Mozart


  • TRENO PARA AS VITIMAS DE HIROSHIMA. Pendereski

  • VIERNES. La oreja de Van Gogh

  • HOPE THERE´S SOMEONE. Antony and the Jonhsons


AMOR



  • CLARO DE LUNA. Beethoven

  • AMOR Y VIDA DE MUJER. Schumann

  • ROMEO E XULIETA. Chaikovski

  • ROMEO E XULIETA. Prokofiev

  • YESTERDAY . J. Lennon e P. Mccartney
  • AMOR A MARES. Guadi Galego e Guillermo Fernández

CELOS

  • OTELO. Verdi

  • PELLEAS E MELISANDE. Debussy

  • WHEN DID YOU STOP LOVING ME,WHEN. Marvin Gaye


A IRA





  • A CONSAGRACIÓN DA PRIMAVERA. 1º cadro. Danza da terra. Stravinski

  • OS PLANETAS, PRIMEIRO MOVEMENTO, "MARTE, DEUS DA GUERRA". G, Holst
  • A PREGUNTA SEN RESPONTA. Charles Ivers

EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...