miércoles, 23 de febrero de 2011

O INSTRUMENTO PROTAGONISTA DA SEMANA





É unha actividade que se realiza nos primeiros minutos (ou últimos) da sesión. Temos unha caixa con moitos instrumentos da orquestra,un neno ou nena escolle o que vai ser protagonista durante toda a semana. Temos outra caixa con características sobre todos os instrumentos (familia, cómo se toca, materiais, número de cordas, características principais). Despois pegamos todo nun panel que queda á vista de todo o mundo. Escoitamos o instrumento en diferentes gravacións, vemos a través de internet cómo se toca, buscamos nos libros que temos na clase unha pouca información e despois cubrimos a ficha " O instrumento da semana é". Esta actividade pódese facer durante todo un trimestre (no que esteamos traballando os instrumentos) ou acurtar a actividade a un mes. Outra variante e introducir na caixa instrumentos de folclore do mundo.








Algunhas das pistas para os instrumentos




Taboleiro do anuncio do "Instrumento protagonista da semana".



viernes, 18 de febrero de 2011

CUICA

Posiblemente este é un dos instrumentos que mais me costou conseguir e ao que máis aprecio lle teño.


Cuica, instrumento brasileiro de percusión traido polo escravos africanos. Orixinalmente utilizouse en África para cazar leóns. Está feito de membrana e madeira. Consta dun pequeno pao de bambú e dun pequeno pano mollado (que podedes ver na foto xusto enriba do instrumento).
Ten un son moi divertido.















Video sobre a técnica básica da cuica

GONG

O gong é un instrumento de percusión da familia do metal. Trátase dun disco metálico suspendido dun soporte que se percute cun mazo. A súa orixe é oriental.

BONGÓS DE MARROCOS

É un instrumento de percusión da familia da membrana que ven de Marrocos. Son dous pequenos tambores circulares unidos, a súa particularidade e diferencia con respecto a outro países é que a base está feita de cerámica.

miércoles, 9 de febrero de 2011

PROGRAMA LENMUS





PROGRAMA LENMUS. Pódese descargar gratuitamente en http://www.lenmus.org/ (unha vez dentro da páxina, na marxe esquerda hai que premer en DOWNLOAD). Permite facer exercicios de linguaxe musical, audición (intevalos, acordes, tipos de escalas) e tamén edición de partituras

martes, 1 de febrero de 2011

NOVIDADES MUSICAIS

ESTAS SON ALGUNHAS DAS NOVIDADES MUSICAIS DESTES MESES





























EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...