jueves, 27 de diciembre de 2012

UNHA SORPRESA MUSICAL




Hoxe acabo de descubrir o novo traballo de PIRILAMPO e a verdade que foi toda unha sorpresa para todos os sentidos.
O traballo, cunha maquetación moi coidada, conta cun CD e un DVD.

No CD atopamos 18 pistas que se corresponden con 9 cancións e as súas versións instrumentais:

1.  VOU DA MAN
2. O CARACOL, COL, COL, COL
3. SETE CORES
4. PIRILAMPO MUSICAL
5. OLLOS DE MEL
6. A VOZ DO SON
7. A GOTA MARIÑA
8. XIRA, XIRA A RODA
9. XOGO, XOGO

No DVD atopamos os videos de todas estas cancións. Teñen moita calidade e de case todas inclúen pequenas coreografías moi ben traballadas que engaden elementos como cintas, instrumentos, cores ... para facer máis vistosa a posta en escea. ADEMAIS este DVD inclúe actividades para Pizarra electrónica pero que tamén valerían para PC. As actividades correspóndense coas cancións: Xogo, xogo, Sete cores, A gota mariña e a voz do son.

TOTALMENTE RECOMENDABLE.

Para min, as mellores cancións: O caracol, Pirilampo, A voz do son e A gota mariña.

Destinado a un público de 1 - 7 anos. Pódese utilizar tanto nas escolas, como na casa.







RECURSOS PARA O NADAL

NADAL EN GALEGO ... Recursos en Rede: http://www.coordinadoraendl.org/nadal2012/recursos/index.php?ancho=1366&alto=768


 http://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/nadal/cantosdereis1.php


 http://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/nadal/cantosdereis1.php

 Videos


 http://www.youtube.com/watch?v=wCrYB3Yy08Y&feature=related

martes, 25 de diciembre de 2012

VILLANCICO: BAJO EL MAR

Si estás preparando una Navidad diferente este villancico te puede ser muy útil.


Bajo El Mar Blog La música

jueves, 13 de diciembre de 2012

RECURSOS ONLINE ...

Queres poñer a proba os teus coñecementos musicais?
Entra nesta páxina ...

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/concurso2002/accesit_2/primera.htm

E se queres probar un karaoke para frauta, aquí tes unha páxina moi interesante!!!(RECOMENDADO PARA TERCEIRO CICLO)

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/05_musica/datos/05rdi/01kflauta.htm

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/05_musica/datos/05rdi/02kcanciones.htm






jueves, 29 de noviembre de 2012

MÚSICA DO MUNDO

Entra e déixate sorprender por distintas músicas chegadas de todos os recantos do mundo

Fai clic na imaxe ...


domingo, 11 de noviembre de 2012

A CANTAR !!!!

KARAOKE

Te voy a esperar

       

Sube la mano y grita gol




OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA

Xogo interactivo para coñecer os distintos instrumentos da orquestra.
(en inglés)

http://www.thirteen.org/publicarts/orchestra/

domingo, 21 de octubre de 2012

UNHA RECOMENDACIÓN MUSICAL ...

MARÍA FUMAÇA


CANTAR E BAILAR PARA SER MÁIS FELIZ


jueves, 13 de septiembre de 2012

193 Aniversario del nacimiento de Clara Schumann

Hoxe Google danos os bos días coa lembranza de Clara Schumann xa que se celebran 193 anos do seu nacemento


miércoles, 13 de junio de 2012

XOGOS MEMORIA MUSICAL ON LINE

Páxina onde se pode atopar xogos de memoria melódica, recoñecemento de esquemas rítmicos... VARIOS NIVEIS
Fai clic na guitarra e poderás acceder aos xogos.

lunes, 14 de mayo de 2012

XOGO AUDITIVO

Pincha sobre o piano e irás a un xogo auditivo para recoñecer os instrumentos da orquestra. 
BOA SORTE E BOA AUDICIÓN!!!

jueves, 3 de mayo de 2012

COÑECENDO OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Cantos instrumentos recoñeces polo seu son? Aquí hai varios videos para practica a audición dos instrumentos e tamén para ver as súas familias

domingo, 15 de abril de 2012

OLA PRIMAVERA!!!












CELEBRAMOS A CHEGADA DA PRIMAVERA CON MOITA COR PERO TAMÉN CON MOITO RITMO. CADA FLOR TEN UNHA FIGURA RÍTMICA CARACTERÍSTICA DAS QUE TEMOS TRABALLADO ATA AGORA.



lunes, 26 de marzo de 2012

lunes, 19 de marzo de 2012

TWISTER MUSICAL

Colocamos un pentagrama no chan que pode ser feito con cartulina ou pegando directamente no chan 5 tiras adhesivas (de diferentes cores ou da mesma). Facemos equipos, teñen que marcar coa parte do corpo que lle digamos, a nota que digamos. Exemplo: man dereita la --- pé esquerdo fa ... etc.


viernes, 16 de marzo de 2012

O AÑO PITAÑO

“O Año Pitaño” é un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, acompañado po outros músicos de recoñecido prestixio.

As cancións que recolle este traballo axudan a debuxar para os cativos unha visión distinta dalgunhas figuras tradicionais. Non só de contos clásicos, como a cincenta, senón tamén personaxes moi nosos, como pode ser o home do saco, que durante moitas xeracións estivo sempre presente como elemento autóctono no desenvolvemento dos nenos/as.

É un libro + CD que conta con pistas de audio das canción,s versión playback e os poemas

sábado, 10 de marzo de 2012

SCARBOROUGH FAIR ...

GLOGSTER DE ELABORACIÓN PROPIA QUE CONTÉN:
  • PARTITURA PARA FRAUTA
  • MUSICOGRAMA
  • 3 VERSIÓN DIFERENTES
  • INFORMACIÓN SOBRE A CANCIÓN
  • LINKS
  • MATERIAL AUDIO E VIDEO
  • ACTIVIDADE DE INVESTIGACIÓN



martes, 6 de marzo de 2012

QUE CHEGA O INVERNO ...


Chega o INVERNO e con el os días MÁIS fríos ... e outras veces veñen todavía días MÁIS, MÁIS fríos e neva .... pois na música, pasa algo parecido ao que ocurre na NATUREZA ... hai unhas palabras (que veñen do italiano) e que serven tamén para iso, para dar MÁIS .... e tamén MENOS intensidade.
Sodes capaces de atopar esas palabras neste mural? Bueno, máis ben debería dicir iniciais, pois non está a palabras completa escrita.
Anota todas esas "abreviaturas" e despois en grupos, intentade adiviñar para que se pode utilizar cada unha.







IGUAIS OU DISTINTOS?


ACTIVIDADE DE AUDICIÓN QUE CONSISTE EN RECOÑECER SE SOA IGUAL OU DISTINTOS DOUS EXEMPLOS QUE ESCOITAMOS SEGUIMOS. PODEN SER UNHA MELODÍA OU SIMPLEMENTE NOTAS, DEPENDE DO QUE ESTEAMOS TRABALLANDO. CADA NENO TEN DOUS PEQUENOS CARTACES COMO OS DA FOTO NA MAN,E SEGUDO O QUE ESCOITE TERÁ QUE LEVANTAR UN OU OUTRO.

obs: tamén vale para traballar o ritmo ou a harmonía.

XOGO RÍTMICO: E TI DE QUE COMPÁS ERES?


Xogo RÍTMICO

Material : cartóns rítmicos en compás de 2/4, 3/4 e 4/4

Organización: 3 equipos (un por cada compás) de 3- 4 xogadores (dependendo do número de alumnado)

Realización: A cada equipo repárteselle unha tarxeta co compás que te toca.

Parte 1: Os cartóns rítmicos atópanse espallados pola aula e cada equipo ten que atopar todos os que se correspondan ao seu compás.

Parte 2: Unha vez atopados todos os cartóns, cada equipo reúnese e decide como vai colocar os compases, a continuación ten que facer o ritmo con palamadas.

Parte 3: Escoller un instrumento de PAI (percusión de altura indeterminada) para interpretar o seu ritmo.

VARIANTE: Unha vez que os equipos xa atoparon os compases e interpretaron, pódese intercambiar os grupos, de tal maneira que todos os equipos pasen polos tres compases.




CONTOS EN CANTOS

PERFECTA COMBINACIÓN DE CONTOS EN CANTOS DESTINADOS AOS MÁIS PEQUENOS (3- 8 ANOS) , estes son algúns dos contos (e cantos) que podedes atopar no seu interior, ten tamén unha versión KARAOKE....














domingo, 4 de marzo de 2012

ANIMAIS ENCANTADORES


Un libro do que xa falei neste blogue en anteriores ocasións pero que agora veño de atopar os libros cos que se corresponde.






jueves, 23 de febrero de 2012

UNHA RECOMENDACIÓN ...


TÍTULO: EL DRAGÓN CUENTARÍN
EDITORIAL: CCS
AÑO DE EDICIÓN: 2011
ENFOCADO A: PROFESORADO
DIRIXIDO A : ALUMNADO DE 8 - 10 ANOS (2º CICLO)
ISBN: 978-84-9842-726-4


Un libro formado por 6 contos (tamén se poden entender como Unidades Didácticas) nos que se mestura dunha maneira moi axeitada a música, a lectura e o teatro. Moi recomendable


miércoles, 1 de febrero de 2012

AGUDO - GRAVE

CANCIÓN: CÓMO SERÁ?

ESTA CANCIÓN, ESTA CANCIÓN
SEMPRE CAMBIA AO FINAL
PARA ARRIBA PARA ABAIXO
ESTA VEZ ... COMO SERÁ?

Material: Frauta de émbolo e cartulinas

Cantamos a canción, ao final da mesma tocamos a frauta de émbolo facendo un debuxo melódico diferente . Teremos varios debuxos melódicos nas cartulinas e o alumnado terá que relacionar o que escoita co que ve e escoller a cartulina con que se corresponde.





AGORA UN VIDEO PARA REFORZAR OU EXPLICAR O CONCEPTO AGUDO/GRAVE A TRAVÉS DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS



viernes, 13 de enero de 2012

PROXECTO MUSICAL " OS CASTELOS"

Aquí podes atopar música para ambientar un proxecto musical sobre castelos.

CANCIÓN: LADRILLO A LADRILLO (GRUPO ENCANTO)


MUSICOGRAMA SOBRE ESTA MESMA CANCIÓN




Letra:


"Ladrillo a ladrillo construyo un castillo
tan alto, tan alto, que llega hasta el cielo,
y el sol cuando llueve, se esconde allí dentro
para no mojarse con el chaparrón"



CANCIÓN "UN CASTILLO ENCANTADO"
Letra (Gloria Fuertes)




ESTE CASTILLO ENCANTADO
ESTÁ EN UN MONTE PELADO.
AUNQUE TIENE YA MIL AÑOS,
SE CONSERVAN SUS PELDAÑOS.

SE CONSERVA DE ESTE MODO
CON SUS FANTASMAS Y TODO.
SUS ALMENAS DEFENSIVAS,
SUS TORRES RECONSTRUIDAS.


ESTE CASTILLO ENCANTADO
ESTÁ EN UN MONTE PELADO.
ES UN CASTILLO FAMOSO,
CON SU PUENTE Y CON SU FOSO.

LAS VENTANAS ALARGADAS,
TIENE DOS EN LAS FACHADAS.
UN CASTILLO DE CASTILLA
¡SIEMPRE ES UNA MARAVILLA!


ESTE CASTILLO ENCANTADO
ESTÁ EN UN MONTE PELADO.
ES UN CASTILLO FAMOSO,
CON SU PUENTE Y CON SU FOSO
UN CASTILLO DE CASTILLA
¡SIEMPRE ES UNA MARAVILLA!

UN CASTILLO DE CASTILLA
¡SIEMPRE ES UNA MARAVILLA!

SOBRE BRUXAS QUE VIVEN NOS CASTELOS ....









SOBRE DRAGÓNS......







CONTO MUSICAL (extraído de MÚSICA 2ºCURSO. EDITORIAL GALINOVA)








UNIDADE SOBRE A ÉPOCA MEDIEVAL CON DANZAS E CANCIÓNS
(EXTRAÍDO DE MÚSICA 6º CURSO. EDITORIAL ANAYA)




EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...