lunes, 26 de marzo de 2012

lunes, 19 de marzo de 2012

TWISTER MUSICAL

Colocamos un pentagrama no chan que pode ser feito con cartulina ou pegando directamente no chan 5 tiras adhesivas (de diferentes cores ou da mesma). Facemos equipos, teñen que marcar coa parte do corpo que lle digamos, a nota que digamos. Exemplo: man dereita la --- pé esquerdo fa ... etc.


viernes, 16 de marzo de 2012

O AÑO PITAÑO

“O Año Pitaño” é un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, acompañado po outros músicos de recoñecido prestixio.

As cancións que recolle este traballo axudan a debuxar para os cativos unha visión distinta dalgunhas figuras tradicionais. Non só de contos clásicos, como a cincenta, senón tamén personaxes moi nosos, como pode ser o home do saco, que durante moitas xeracións estivo sempre presente como elemento autóctono no desenvolvemento dos nenos/as.

É un libro + CD que conta con pistas de audio das canción,s versión playback e os poemas

sábado, 10 de marzo de 2012

SCARBOROUGH FAIR ...

GLOGSTER DE ELABORACIÓN PROPIA QUE CONTÉN:
  • PARTITURA PARA FRAUTA
  • MUSICOGRAMA
  • 3 VERSIÓN DIFERENTES
  • INFORMACIÓN SOBRE A CANCIÓN
  • LINKS
  • MATERIAL AUDIO E VIDEO
  • ACTIVIDADE DE INVESTIGACIÓN



martes, 6 de marzo de 2012

QUE CHEGA O INVERNO ...


Chega o INVERNO e con el os días MÁIS fríos ... e outras veces veñen todavía días MÁIS, MÁIS fríos e neva .... pois na música, pasa algo parecido ao que ocurre na NATUREZA ... hai unhas palabras (que veñen do italiano) e que serven tamén para iso, para dar MÁIS .... e tamén MENOS intensidade.
Sodes capaces de atopar esas palabras neste mural? Bueno, máis ben debería dicir iniciais, pois non está a palabras completa escrita.
Anota todas esas "abreviaturas" e despois en grupos, intentade adiviñar para que se pode utilizar cada unha.







IGUAIS OU DISTINTOS?


ACTIVIDADE DE AUDICIÓN QUE CONSISTE EN RECOÑECER SE SOA IGUAL OU DISTINTOS DOUS EXEMPLOS QUE ESCOITAMOS SEGUIMOS. PODEN SER UNHA MELODÍA OU SIMPLEMENTE NOTAS, DEPENDE DO QUE ESTEAMOS TRABALLANDO. CADA NENO TEN DOUS PEQUENOS CARTACES COMO OS DA FOTO NA MAN,E SEGUDO O QUE ESCOITE TERÁ QUE LEVANTAR UN OU OUTRO.

obs: tamén vale para traballar o ritmo ou a harmonía.

XOGO RÍTMICO: E TI DE QUE COMPÁS ERES?


Xogo RÍTMICO

Material : cartóns rítmicos en compás de 2/4, 3/4 e 4/4

Organización: 3 equipos (un por cada compás) de 3- 4 xogadores (dependendo do número de alumnado)

Realización: A cada equipo repárteselle unha tarxeta co compás que te toca.

Parte 1: Os cartóns rítmicos atópanse espallados pola aula e cada equipo ten que atopar todos os que se correspondan ao seu compás.

Parte 2: Unha vez atopados todos os cartóns, cada equipo reúnese e decide como vai colocar os compases, a continuación ten que facer o ritmo con palamadas.

Parte 3: Escoller un instrumento de PAI (percusión de altura indeterminada) para interpretar o seu ritmo.

VARIANTE: Unha vez que os equipos xa atoparon os compases e interpretaron, pódese intercambiar os grupos, de tal maneira que todos os equipos pasen polos tres compases.




CONTOS EN CANTOS

PERFECTA COMBINACIÓN DE CONTOS EN CANTOS DESTINADOS AOS MÁIS PEQUENOS (3- 8 ANOS) , estes son algúns dos contos (e cantos) que podedes atopar no seu interior, ten tamén unha versión KARAOKE....














domingo, 4 de marzo de 2012

ANIMAIS ENCANTADORES


Un libro do que xa falei neste blogue en anteriores ocasións pero que agora veño de atopar os libros cos que se corresponde.






EXPOSICIÓNS MUSICAIS

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...